Intérprete e investigador de la música en la generación del 27' y el exilio republicano español.
Premio de la crítica "El Primer Palau". "La guitarra de Lorca vuelve a sonar".

Universidad Complutense de Madrid. Estudos galegos.

"Tamén coñecín a Samuel Diz e acordeime de Xoana, unha rapaza que imaxinei nunha miña novela breve para representar a Galiza do futuro. De tela soñado rapaz, sería coma el. É un músico de 28 anos, de Tui, que toca maxistralmente a guitarra clásica, trunfa polo mundo sen perder as raíces, e regresa sempre. Anda a recuperar as pezas galegas compostas para este instrumento".

Extracto de Alegrando a paxarela, por Marica Campo
El Progreso - 26.IX.2014


Recibir o convite para pechar as Xornadas Internacionais de Literatura Galega en Madrid organizadas pola UCM-UNED foi toda unha ledicia. As temáticas do congreso: a identidade, a alteridade e o exilio.

Así, considerei que compartir as dúas obras inéditas para guitarra de Jesús Bal y Gay e Juan José Mantecón podía ser de gran interese. Un encontro do disco xa publicado Guitarra clásica galega e o vindeiro traballo discográfico dedicado á Xeración do 27' co inédito Atardecer de Mantecón.

Entre os presentes neste concerto no paraninfo da Universidade Complutense de Madrid atopei a Carmen Mejía Ruiz (Directora da revista de estudos galegos Madrygal), a Xesús Alonso Montero (Presidente da Real Academia Galega) e a Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia).

Unhas xornadas de convivencia e intercambio de coñecemento e experiencias que rematamos coa visita ao Escorial, ao igual que o arquitecto francés Le Corbusier no ano 1928. Unha viaxe que quedou plasmada na súa retina e ilustrada xunto a unha guitarra.




"La música y el conocimiento sólo llegan si se tocan"